A Xunta inaugura unha "área de estacionamento segura e protexida con perspectiva de xénero" no polígono industrial de San Cibrao das Viñas. Rueda di que un dos motivos polos que hai poucas mulleres transportistas "é a necesidade de infraestruturas que garantan a seguridade mentres pernoctan".
