Pontón fixa a vivenda como prioridade do BNG en 2025. A líder do Bloque subliña que no período de sesións a piques de comezar no Parlamento a formación soberanista defenderá "un novo modelo" de vivenda pública "baseado en tres eixos": "acadar as 16.000 vivendas públicas en dúas lexislaturas" mediante novas construcións e adquisicións de inmobles baleiros, "intervención do mercado para limitar o prezo do alugueiro e unha rede de protección social que garanta que ninguén pase polo drama de quedar na rúa" a causa dos impagamentos, para o que promoverán, avanza, "unha prestación de prevención de perda da vivenda" ou "un programa reforzado de axudas ao alugueiro".
- Unha de cada catro familias nas cidades galegas vive de alugueiro e paga un 28% máis que hai cinco anos
- As vivendas protexidas previstas pola Xunta ata 2028 só cobren un 20% da demanda
- HEMEROTECA | Pontón revalida liderado e albo estratéxico no BNG: "Non hai nada máis revolucionario que gobernar"
- HEMEROTECA | Pontón reprocha a escaseza de vivenda protexida a Rueda, que retruca co congreso da UPG