Morre Jesús Pérez Varela, responsable de Comunicación e conselleiro de Cultura nos gobernos de Fraga, dende os que foi clave no proxecto da Cidade da Cultura. [Imaxe: © CCG]

Morre Jesús Pérez Varela, responsable de Comunicación e conselleiro de Cultura nos gobernos de Fraga, dende os que foi clave no proxecto da Cidade da Cultura. [Imaxe: © CCG]
A burelista Emilly Marcondes, escollida mellor xogadora de fútbol sala do mundo en 2024. A xogadora brasileira do Burela FS foi a gañadora na vixésimo quinta edición dos Jako Futsal Awards, que organiza a publicación Futsal Planet. Xa en 2022 unha xogadora do club mariñao, Patricia González Peque, recibira este premio. Outra xogadora o actual plantel laranxa, Cilene Pereira, tamén o recibiu en 2008, cando xogaba no Jaguaré do Brasil. [Imaxe: © Sabela Blanco / Burela FS]
Alto o fogo en Gaza tras matar Israel unhas 46.000 persoas na Franxa. O acordo entre o Goberno de Netanyahu e Hamas implica a retirada do exército hebreo do territorio e a liberación dos reféns israelís e de prisioneiros palestinos. Na imaxe, un barrio de Gaza destruído polos bombardeos de Israel [CC-BY-SA Al Araby]
O goberno de BNG e Compostela aberta pacta co PSdeG os Orzamentos de Santiago para 2025. Goretti Sanmartín e María Rozas asinan co voceiro municipal socialista, Gonzalo Muíños, o acordo para aprobar unhas contas municipais de case 146 millóns de euros. O gabinete que encabeza Sanmartín agradece o que considera "responsabilidade e altura de miras" do Grupo Socialista "polo ben" da cidade; Muíños vén encadrando esta negociación en que é "o máis útil" para a veciñanza. As contas municipais de 2024 tamén foron froito dun pacto cos socialistas, se ben daquela con protagonismo da Executiva local no acordo [Imaxe: Concello de Santiago]
O xuíz do Supremo cita como imputado o fiscal xeral do Estado no caso das filtracións sobre a parella de Ayuso e ignora os xornalistas que declararon ter acceso aos correos electrónicos investigados antes que Álvaro García Ortiz. A Unión Progresista de Fiscais, que García Ortiz encabezou, denuncia unha "caza de bruxas" nesta operación xudicial [Imaxe: © Pool / Fiscalía Xeral do Estado]
As oposicións de Educación deste ano terán 1.664 prazas: 1.434 de acceso libre e 230 de promoción interna. O Consello da Xunta abordou este luns un informe sobre a vindeira oferta pública de emprego docente.
Pontevedra botou a andar o Consello das Crianzas, formado por 18 nenos e nenas entre os 10 e 11 anos seleccionados entre os centros escolares da cidade. Durante os vindeiros meses participarán en dúas sesións mensuais co obxectivo de achegar ao Concello as súas demandas e suxestións para mellorar a cidade. O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores destacou que Pontevedra "é e debe ser amiga dos nenos e das nenas, un lugar no que poder xogar con liberdade, sentirse seguras e seguros e estar nas rúas sen precisar da vixianza das persoas adultas"
Rematan no Porriño as obras de recuperación do templete de Antonio Palacios, que foi acceso á primeira liña da rede de Metro de Madrid e que se trasladou ao concello natal do arquitecto no ano 1970. O monumento, en cuxa restauración se investiron 260.000 euros, está situado na entrada do Camiño Portugués ao seu paso pola localidade
A Diocese Tui-Vigo permitiu e publicitou unha homenaxe a un cura acusado de pederastia, segundo revela El País. A homenaxe a Manuel Rodríguez Hermelo tivo lugar o 19 de decembro na parroquia de Santa Marta, en Pontevedra, da que foi sacerdote entre 1994 e 2021, e a diocese deu conta dos actos na súa web e redes sociais, publicacións que foron borradas despois da consulta do xornal. O crego está acusado por abuso de menores por un exalumno do Seminario Menor de Tui entre 1969 e 1971, un caso que estaría prescrito para a xustiza.
Dous anciáns morren nunha residencia en Covelo tras un gromo de sarna. Segundo publica Faro de Vigo, hai cando menos trinta persoas infectadas entre usuarias e traballadoras do centro de atención á terceira idade da Fundación San Rosendo. Leváronse a cabo xa traballos de desinfección das instalacións e a Dirección Xeral de Saúde Pública administrou o primeiro ciclo do trataramento ás persoas afectadas.