O goberno de BNG e Compostela aberta pacta co PSdeG os Orzamentos de Santiago para 2025. Goretti Sanmartín e María Rozas asinan co voceiro municipal socialista, Gonzalo Muíños, o acordo para aprobar unhas contas municipais de case 146 millóns de euros. O gabinete que encabeza Sanmartín agradece o que considera "responsabilidade e altura de miras" do Grupo Socialista "polo ben" da cidade; Muíños vén encadrando esta negociación en que é "o máis útil" para a veciñanza. As contas municipais de 2024 tamén foron froito dun pacto cos socialistas, se ben daquela con protagonismo da Executiva local no acordo [Imaxe: Concello de Santiago]
- Vivenda, servizos sociais e adaptación ao cambio climático, prioridades do goberno de Santiago para 2025
- HEMEROTECA | A norma que completa o freo a pisos turísticos en Santiago, aprobada co PSdeG malia á orde da dirección do partido
- HEMEROTECA | ENTREVISTA - Goretti Sanmartín: "Temos a responsabilidade de sermos espello de políticas transformadoras que digan: así actúa o BNG"
