As mulleres galegas de entre 35 e 64 anos usan internet máis que os homes. As mulleres son tamén as que máis usan internet en formularios e tramitacións online da Administración electrónica, así como para participar en redes sociais, educación e actividades relacionadas coa saúde. Son datos do informe 'Mulleres en dixital: o uso das TIC desde unha perspectiva de xénero', que acaba de publicar o Observatorio da Sociedade da Información e a modernización de Galicia da Xunta (OSIMGA.
- HEMEROTECA | Mulleres na ciencia e na tecnoloxía