18F | O CIS sitúa a esquerda con posibilidades de lograr maioría absoluta e a Xunta o 18F. Segundo a enquisa que vén de divulgar, o PP sería a primeira forza con entre 36 e 38 escanos seguida polo BNG, con entre 20 e 23. O PSdeG obtería 17 ou 18 e Sumar bordearía a representación na Coruña e Pontevedra con entre 0 e 2. Tamén Democracia Ourensana podería optar a un escano na súa circunscrición, segundo o inquérito.
Fálase
Unha protesta ante a Xunta pide "un cambio de rumbo" na CRTVG e denuncia a "manipulación" nos medios públicos. A plataforma Por unha CRTVG ao servizo do pobo, que forman 50 colectivos, e mais parte do persoal reclaman a fin das "inxerencias" e "máis contidos plurais" nos medios públicos. Máis información, decontado en Praza.gal.
O xuíz propón xulgar a Rubiales, Jorge Vilda e dous ex-directivos da Federación polo bico non consentido a Jennifer Hermoso. O maxistrado conclúe nun auto que o bico "non foi consentido e foi unha iniciativa unilateral e sorpresiva" do ex-presidente da Federación Española de Fútbol.
O Toconao volveu pasar esta pasada noite fronte a Galicia tras perder hai mes e medio os pellets que se espallaron pola costa. O barco vai en ruta entre Turquía e Inglaterra, a onde se prevé que chegue este venres, segundo varias webs de xeolocalización de buques.
Vetusta Morla e Xoel López serán os cabezas de cartel do Festival Noroeste da Coruña e tocarán na praia de Riazor en agosto. Así o anunciou a alcaldesa Inés Rey en FITUR.
Pedro Sánchez anuncia a construción nos estaleiros de Navantia en Ferrol dun novo buque da Armada que suporá a creación de 1.800 empregos e terá un investimento de 439 millóns.
Rueda destaca a importancia dunha "prensa libre como garantía da verdade e da democracia" antes dunha nova concentración "por unha CRTVG ao servizo do pobo" e contra o "secuestro dos medios públicos", este xoves ante a sede da Xunta. Defende A Galega protestará esta semana no seu 293º venres negro contra a "manipulación" na CRTVG. “Fan falta grandes profesionais para contar os feitos con credibilidade”, dixo o presidente da Xunta.
Un xulgado da Coruña condena un ex-xogador do Deportivo por romperlle o nariz a un mozo que o “provocou” cantándolle o 'Cara al sol' durante a noite de San Xoán de 2019, segundo informa o TSXG.
18F | Democracia Ourensana prevé recorrer ante a Xunta Electoral a súa exclusión do debate electoral da CRTVG. "Que convide a un debate a cinco partidos e non a DO significa que o PP usa recursos públicos para os seus obxectivos", afirma Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense. Na imaxe -de arquivo [© DO]-, Jácome e Armando Ojea, cabeza de cartel de DO para o 18F.
O Diario Oficial de Galicia publica as candidaturas proclamadas oficialmente para o 18F, con 11 formacións repartidas en 10 listas nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra e 11 listas en Ourense. Tras a revisión das candidaturas presentadas a Xunta Electoral anulou a de Izquierda por Almería por non estar os seus integrantes nin empadroados en ningún concello galego nin inscritos no censo electoral. Aquí podes ler as informacións que xa publicamos coas listas dos principais partidos: