Alcoa di agora ao seu persoal que o luns reiniciará as cubas na Mariña e Xunta e Goberno de España amosan o seu malestar polos bandazos da empresa, que hai uns días pediu adiar o reinicio da actividade.
Fálase
18F | O CIS sitúa a esquerda con posibilidades de lograr maioría absoluta e a Xunta o 18F. Segundo a enquisa que vén de divulgar, o PP sería a primeira forza con entre 36 e 38 escanos seguida polo BNG, con entre 20 e 23. O PSdeG obtería 17 ou 18 e Sumar bordearía a representación na Coruña e Pontevedra con entre 0 e 2. Tamén Democracia Ourensana podería optar a un escano na súa circunscrición, segundo o inquérito.
Unha protesta ante a Xunta pide "un cambio de rumbo" na CRTVG e denuncia a "manipulación" nos medios públicos. A plataforma Por unha CRTVG ao servizo do pobo, que forman 50 colectivos, e mais parte do persoal reclaman a fin das "inxerencias" e "máis contidos plurais" nos medios públicos. Máis información, decontado en Praza.gal.
O xuíz propón xulgar a Rubiales, Jorge Vilda e dous ex-directivos da Federación polo bico non consentido a Jennifer Hermoso. O maxistrado conclúe nun auto que o bico "non foi consentido e foi unha iniciativa unilateral e sorpresiva" do ex-presidente da Federación Española de Fútbol.
O Toconao volveu pasar esta pasada noite fronte a Galicia tras perder hai mes e medio os pellets que se espallaron pola costa. O barco vai en ruta entre Turquía e Inglaterra, a onde se prevé que chegue este venres, segundo varias webs de xeolocalización de buques.
Vetusta Morla e Xoel López serán os cabezas de cartel do Festival Noroeste da Coruña e tocarán na praia de Riazor en agosto. Así o anunciou a alcaldesa Inés Rey en FITUR.
Pedro Sánchez anuncia a construción nos estaleiros de Navantia en Ferrol dun novo buque da Armada que suporá a creación de 1.800 empregos e terá un investimento de 439 millóns.
Rueda destaca a importancia dunha "prensa libre como garantía da verdade e da democracia" antes dunha nova concentración "por unha CRTVG ao servizo do pobo" e contra o "secuestro dos medios públicos", este xoves ante a sede da Xunta. Defende A Galega protestará esta semana no seu 293º venres negro contra a "manipulación" na CRTVG. “Fan falta grandes profesionais para contar os feitos con credibilidade”, dixo o presidente da Xunta.
Un xulgado da Coruña condena un ex-xogador do Deportivo por romperlle o nariz a un mozo que o “provocou” cantándolle o 'Cara al sol' durante a noite de San Xoán de 2019, segundo informa o TSXG.
18F | Democracia Ourensana prevé recorrer ante a Xunta Electoral a súa exclusión do debate electoral da CRTVG. "Que convide a un debate a cinco partidos e non a DO significa que o PP usa recursos públicos para os seus obxectivos", afirma Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense. Na imaxe -de arquivo [© DO]-, Jácome e Armando Ojea, cabeza de cartel de DO para o 18F.