A Corte Internacional de Xustiza ordena a Israel "evitar calquera acción que poida ser considerada xenocida" contra a poboación palestina tras a demanda de Suráfrica polos ataques israelís en Gaza. Na súa resolución, aprobada por 15 votos a 2, o tribunal da Haia decide seguir adiante co caso por xenocidio e dita medidas cautelares entre as que se atopa castigar a "incitación a cometer xenocidio en Gaza" ou permitir a entrada de axuda humanitaria. Na imaxe [© ICJ], as audiencias sobre as medidas cautelares solicitadas polo Goberno surafricano, o pasado 12 de xaneiro.
