O Goberno de España aproba que as mulleres sen parella, homosexuais, bisexuais ou transexuais poidan ter acceso á reprodución asistida na sanidade pública. Este dereito retirárao o Goberno de Rajoy en 2013 para o conxunto do Estado e a daquela ministra de Sanidade, Ana Mato, argumentárao afirmando que "a falta de varón non é un problema médico". No Sergas, non obstante, non existiu esa exclusión. Na imaxe, o acto de sinatura da orde ministerial pola ministra de Sanidade, Carolina Darias (© Ministerio de Sanidade)
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/fdbyf3-weamcnk4-14e7442.jpeg)