Os Orzamentos Xerais do Estado para 2022 continúan o seu trámite tras rexeitar o Congreso as emendas á totalidade formuladas por PP, Vox, Ciudadanos, Junts, CUP, Coalición Canaria e Foro Asturias por 156 votos a prol, 188 en contra (entre eles, o do deputado do BNG, Néstor Rego) e 1 abstención. As segundas contas públicas do Goberno do PSOE e UP serán aprobadas definitivamente se logran o apoio maioritario da Cámara, para o que continúan as negociacións cos grupos parlamentarios. Na imaxe, (© Congreso), a ministra de Facenda defende as contas durante od ebate.
