O Tribunal Supremo vén de confirmar a sentenza da Audiencia Provincial de Lugo que condenaba a 12 anos de cárcere a un frade franciscano do Cebreiro [na imaxe, durante o xuízo © CRTVG] por abusar sexualmente dunha rapaza de 16 anos e un rapaz de 20, que eran curmáns. A Sala II do Supremo rexeita o recurso presentado polo relixioso e ratifica que cometeu un delito continuado de abusos servíndose da súa condición, de que superaba en 40 anos de idade ás vítimas e da discapacidade recoñecida dos agredidos.
