Arredor dun milleiro de gandeiros maniféstanse en Lugo cunha tractorada e a representación dunha marcha fúnebre para reclamar subas nos prezos que cobran polo leite. A marcha, convocada pola asociación Agromuralla, esixe que a remuneración polo produto "compense o encarecemento que están a sufrir nos pensos, o gasóleo e o prezo da luz" que, din, provocará que moitas explotacións viren en "inviables".
