Susana Rodríguez Gacio gaña o Campionato do Mundo de Paratriatlón que se celebra en Abu Dhabi. A médica viguesa, que conseguiu unha medalla de ouro nos Xogos Paralímpicos de Tokio 2020, repite como líder mundial do paratriatlón xunto á súa guía Sara Loehr. Esta era a súa carreira internacional número 57 [na imaxe, ©World Triathlon]. A triatleta pecha así un gran ano de competicións, xa pensando no seguinte: "A desfrutar e empezar a construír para o ano que vén!", celebrou nas súas redes sociais.
