O Sergas oferta máis de 2.500 prazas para a estabilización no emprego. A oferta que anuncia a Consellería de Sanidade recolle un total de 2.524, das que 1.650 serán por concurso de méritos e 840 por concurso oposición.

O Sergas oferta máis de 2.500 prazas para a estabilización no emprego. A oferta que anuncia a Consellería de Sanidade recolle un total de 2.524, das que 1.650 serán por concurso de méritos e 840 por concurso oposición.
O Festival de Ortigueira abre a votación online para seleccionar as bandas finalistas do Concurso Runas 2022, que vén celebrándose dende o ano 2000. O xurado seleccionou dez formacións, procedentes de Galicia, Euskadi, Madrid, Castela-León, Escocia ou Irlanda, das que sairán os tres grupos finalistas que actuarán na edición deste ano do festival, que se celebrará entre o 10 e o 17 de xullo. Entre os candidatos figuran os galegos Batea, De Ninghures, Dobregalúa, Leirabuxo e Pelepau
A Consellería de Sanidade informa ao Ministerio de dous novos casos de hepatite aguda infantil de orixe descoñecida en Galicia, onde se detectaron xa un total de cinco.
O aínda presidente en funcións da Xunta muda o seu identificador de Twitter do anterior @FeijooGalicia a @NunezFeijoo.
O Concello de Lugo comunica que foi "víctima dun ciberataque" que xa foi denunciado ante o Centro Criptolóxico Nacional e a Policía Nacional. A UDEF xa iniciou unha investigación dos feitos, sobre os que descartan "que se trate dunha actuación de tipo indiscriminado dirixida por mafias", pois "parece obedecer a un ataque dirixido especificamente contra a Institución local xa que foi executado empregando como reclamo datos concretos e moi elaborados relacionados coa actividade da Administración".
O presidente de Iberdrola, Ignacio Sánchez Galán, cualifica de "parvos" á poboación que ten a tarifa regulada da luz, á que fai responsable de pagar máis por esa elección. As súas declaracións pódense escoitar en RTVE e o vídeo do momento, nesta ligazón. Na imaxe, de arquivo, Sánchez Galán con Feijóo, na inauguración en 2017 da central hidroeléctrica San Pedro II, nos Peares.
A directora do CNI admite escoitas a 18 líderes independentistas cataláns con autorización xudicial, segundo transcendeu da súa comparecencia na coñecida como comisións de segredos oficiais do Congreso. Entre os líderes espiados, segundo algunhas fontes, estaría o actual presidente da Generalitat catalá, Pere Aragonès. Na imaxe, Paz Esteban tomando posesión como máxima responsable dos servizos de intelixencia do Estado en 2020.
O derradeiro Consello da Xunta presidido por Feijóo aproba o cesamento de Mar Sánchez Sierra como secretaria xeral de Medios para incorporarse ao gabinete do agora líder do PP no partido. Aproba, igualmente, o cesamento da directora xeral do Gabinete da Presidencia, Marta Varela, que pasa a ocupar un posto semellante na dirección estatal do PP. Na imaxe, [CC-BY-SA Xunta], Sánchez Sierra intervén na súa toma de posesión en 2013. Previamente, exercera como directora xeral de Comunicación e anteriormente, outros cargos no equipo de confianza do agora presidente saínte.
Robe, Terbutalina, Morad, Estopa ou Grande Amore, no cartel da nova edición do Caudal Fest de Lugo, que regresa os vindeiros 16 e 17 de setembro no seu formato habitual tras a interrupción da pandemia. O Concello lucense vén de presentar a programación do festival, que se volve celebrar á beira do Miño e no que aínda se agardan novas incorporacións. A venda de entradas comeza o día 11 deste mes de maio.
O TSXG declara firme a condena á Xunta a rehabilitar o pazo de Lourizán tras negarse a facelo por non ser cedido a Ence. A Deputación de Pontevedra, que iniciara o preito, confirma que o Goberno galego non recorreu a sentenza, polo que adquire firmeza. "As peticións da Deputación á Xunta para que acometese a rehabilitación foron unha constante nos últimos anos", reitera a institución provincial. Tras a condena, a Xunta esgrimira que xa comezara cos traballos no recinto mesmo antes da sentenza. [Imaxe: © Deputación de Pontevedra]