O Diario Oficial de Galicia publica as declaracións do patrimonio do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do resto de membros do Consello do Goberno galego. É unha publicación fixada na lei de transparencia. Pódese consultar aquí.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/210429-pte-mudoconsello-dcs-02-87534de.jpeg)
O Diario Oficial de Galicia publica as declaracións do patrimonio do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do resto de membros do Consello do Goberno galego. É unha publicación fixada na lei de transparencia. Pódese consultar aquí.
O pleno do Congreso aproba definitivamente a Lei de Cambio Climático por ampla maioría. A norma establece, entre outros aspectos, obxectivos concretos de reducións de emisións contaminantes, zonas de baixas emisións nas cidades ou control dos vehículos de combustión.
LaLiga volve recorrer o arquivo do caso Bergantiños e a Audiencia Provincial deberá decidir se reabre ou pecha definitivamente a causa que fora sobresida polo xulgado. O futbolista fora investigado por presunta corrupción entre particulares tras filtrarse un audio de whatsapp e detido por dous axentes que serán investigados por posible detención ilegal.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia valida as restricións da Xunta pola COVID-19 tras o Estado de Alarma, en vigor dende o pasado domingo. A Sala considera, non obstante, que a Xunta debería xustificalas con máis datos epidemiolóxicos e científicos. Ao decaer o Estado de Alarma, os tribunais de Xustiza deben ratificar as medidas que atinxen a dereitos fundamentais.
O Parlamento de Galicia apoia por unanimidade esixir a Israel o cumprimento da legalidade internacional e "o respecto absoluto dos dereitos humanos do pobo palestino". Vén de facelo nunha declaración institucional, figura que só pode ser aprobada por unanimidade. En 2014, o Estado de Israel retrucou a unha declaración semellante cualificando de "inimigo" ao Parlamento de Galicia.
Inditex continúa o peche de tendas en Galicia e clausurará seis establecementos máis este verán, entre eles o Pull&Bear do emblemático edificio do Cine París na Coruña, como adianta Economía Digital. A multinacional, que terá que recolocar 60 traballadoras, está a acelerar coa pandemia a súa viraxe ao negocio en internet.
Cando menos 30 persoas mortas en Palestina nas últimas horas polos bombardeos de Israel. A ONU observa a actual escalada en termos de guerra aberta mentres o Goberno de Israel asegura que se limita a responder aos foguetes lanzados por Hamas. Os desafiuzamentos de veciñanza palestina para entregar as súas vivendas a colonos e o dobre asalto policial á Explanada das Mesquitas desencadearon a actual situación. O xornalista Mikel Ayestaran está a contar sobre o terreo o que está a suceder. (Imaxe: @HoyPalestina)
Vilanova de Arousa e Cualedro sairán este venres do nivel máximo de restricións, ficando sen peche perimetral, que manteñen Cambados, Padrón e Laza. Seis concellos estarán no nivel alto (Vilanova de Arousa, Cangas, A Laracha, Lobios, Oleiros e Ribeira). Ademais, situaranse no nivel medio Ames, Barbadás, Betanzos, Bueu, Carballeda de Valdeorras, Carral, Cerdedo-Cotobade, Chantada, Cualedro, Cuntis, Fisterra, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Melide, Moaña, Moraña, Noia, Ordes, A Pastoriza, Ponte Caldelas, Salceda de Caselas, Santiso, Silleda, Soutomaior, Toén, Tomiño e Valga
Os tres grupos do Parlamento confirman o apoio á Iniciativa Xabarín pola mellora da programación infantil e xuvenil en galego. PP, BNG e PSdeG apoian o impulso á PNL promovida pola Mesa que apañara máis de 33.000 sinaturas.
O persoal da limpeza da provincia da Coruña levou a cabo este martes unha nova xornada de folga en demanda nun novo convenio colectivo que inclúa melloras salariais e de condicións de traballo para un sector moi precarizado. A primeira folga tivo lugar o mes pasado e continuará este mércores cun novo paro xeral en toda a provincia. Este venres as traballadoras recibiron o apoio de Ana Pontón e Gonzalo Caballero no Parlamento.