Os tres grupos do Parlamento confirman o apoio á Iniciativa Xabarín pola mellora da programación infantil e xuvenil en galego. PP, BNG e PSdeG apoian o impulso á PNL promovida pola Mesa que apañara máis de 33.000 sinaturas.
Fálase
O persoal da limpeza da provincia da Coruña levou a cabo este martes unha nova xornada de folga en demanda nun novo convenio colectivo que inclúa melloras salariais e de condicións de traballo para un sector moi precarizado. A primeira folga tivo lugar o mes pasado e continuará este mércores cun novo paro xeral en toda a provincia. Este venres as traballadoras recibiron o apoio de Ana Pontón e Gonzalo Caballero no Parlamento.
O xulgado suspende o prazo que concedera á familia Franco para retirar o mobiliario do Pazo de Meirás. Non o poderá facer ata que non se resolva sobre os recursos presentados polo Estado, Xunta, Deputación e concellos da Coruña e Sada.
- HEMEROTECA (20 de abril) | A xustiza estima o recurso dos Franco e permítelles retirar o mobiliario de Meirás
111 praias galegas obteñen bandeira azul, catro máis que os dous últimos anos, cando se chegou ao mínimo da última década entre renuncias de concellos e receos ecoloxistas.
Ao fío do Día das Letras, o BNG da Coruña lanza un vídeo que representa a "historia dunha rapaza q se decide a falar galego na nosa cidade". "É certo que a lingua perde falantes, mais tamén o é que cada día se incorporan ao seu uso moitas persoas", resaltan.
Un traballador das obras do AVE resulta ferido en Laza por unha descarga eléctrica nun dos túneles máis polémicos da liña. Alí xa morrera outra persoa en 2013 nun treito no que se rexistraron tamén danos ambientais.
A Deputación de Pontevedra diríxase á Valedora do Pobo, ao Goberno de España e mais "ás organizacións empresarias e profesionais, e aos medios de comunicación" para, con arredor "dun cento" de comunicacións, instar á Xunta a incluír mulleres no consello de administración da sociedade público-privada creada para captar fondos Next Generation. A xuízo de Carmela Silva, presidenta da institución, trátase dunha "obrigada rectificación"
Atopadas en bo estado as tres persoas que Salvamento Marítimo buscaba este sábado na zona de Carnota tras saír ao mar o venres desde Corcubión e alertar familiares de que aínda non volveran. Contra as nove da noite deste sábado "o grupo foi atopado en bo estado de saúde polos equipos de intervención". [Imaxe: Salvamento Marítimo]
Salvamento Marítimo busca tres persoas que saíron pescar este venres desde Corcubión a Carnota e non regresaron. Están mobilizados medios aéreos, marítimos e terrestres.
Un incendio na conserveira Jealsa en Boiro mobiliza bombeiros de varias vilas da contorna e barcos de gardacostas. A Axencia Galega de Emerxencias rexistrou o lume ás 14.26 horas e xa alertou tamén o seu grupo de apoio loxístico. [Imaxe: CC-BY-NC-SA Plan de Ordenación do Litoral da Xunta]
👉 AMPLIAMOS | Un incendio na conserveira Jealsa en Boiro activa o Plan de Emerxencias de Galicia e mobiliza bombeiros de varias vilas