O BNG levará ao Parlamento a creación da Valedoría da Igualdade. A viceportavoz parlamentaria do Bloque, Olalla Rodil, explicou que funcionará "como órgano de defensa cidadá perante situacións de discriminación por razón de xénero, con funcións de investigación, asesoramento, mediación e capacidade de sancionar ás empresas que incumpran ou vulneren 'os principios elementais de igualdade".
