Magnus Cort (Uno-X) gaña en Santiago e suma o seu terceiro triunfo de etapa nesta edición de O Gran Camiño. O dinamarqués superou no sprint ao galego Carlos Canal (Movistar). O canadiano Derek Gee (Israel-Premier Tech) fíxose coa vitoria na clasificación xeral, por diante do italiano Davide Piganzoli e do propio Cort.
