Touriño asina en apoio dos concelleiros de Santiago expulsados polo PSdeG, segundo avanza Europa Press na súa web. O ex-presidente suma a súa sinatura a outro medio cento de persoas do ámbito político, académico ou empresarial en contra da expulsión de Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta Álvarez.
