A lingua galega poderá usarse no Comité Económico e Social Europeo, órgano consultivo da UE. Así o anunciou o Goberno de España, que celebra "a extensión do uso das linguas cooficiais nas institucións europeas" logo dun novo acordo nesta entidade.

A lingua galega poderá usarse no Comité Económico e Social Europeo, órgano consultivo da UE. Así o anunciou o Goberno de España, que celebra "a extensión do uso das linguas cooficiais nas institucións europeas" logo dun novo acordo nesta entidade.
Naturgy pedirá indemnizacións se a fábrica de Altri en Palas afecta á súa produción eléctrica no encoro de Portodemouros, río Ulla abaixo. Segundo revela EFE Verde na súa web, a empresa enerxética fixo ver nas súas alegacións ao proxecto de Altri que a súa concesión sobre o Ulla é anterior.
A Xunta publicita que remitirá de oficio a 42.000 maiores de 65 anos a renovación das súas licenzas de caza e pesca, que pasan a ser indefinidas. Hai un ano o Goberno galego fixo gratuítos para maiores de 65 os permisos de caza e despois converteunos en indefinidos.
A Xunta cambia os protocolos de alerta por mal tempo. Os directores e directoras dos centros de ensino poderán suspender a actividade docente en calquera dos niveis de alerta se as condicións meteorolóxicas da localidade onde se atopa centro supuxesen un risco superior ao declarado. Unicamente terán que comunicalo previamente á Consellría de Educación.
O BNG exixe ante a xustiza que a CRTVG rectifique unha información falsa emitida no 75º aniversario da morte de Castelao. A TVG advertira da ausencia do Bloque nun acto sobre o político rianxeiro "cando as imaxes da propia televisión galega demostran o contrario". "A falsa información non foi rectificada malia que así o exixe a lei", di a deputada nacionalista Olalla Rodil.
Rueda amosa o seu "respecto" a quen este domingo se manifestou "de boa fe" en defensa do galego pero critica "a politización de algúns". Tras romper o PP o consenso en 2009 o presidente di que "son outros" os que agora "non queren falar a non ser que falar sexa aceptar os seus postulados sen posibilidade de negociación".
Feijóo eleva o ton e propón "selar as fronteiras á inmigración ilegal" e "expulsar os inmigrantes ilegais que entran en España". O líder do PP aposta por endurecer a política migratoria só horas despois de que a ultradereita alemá se convertese en segunda forza. "Non, o que fai Trump é outra cousa", retrucou ante as dúbidas sobre a súa proposta en El programa de AR en Tele5.
A dereita da CDU gaña as eleccións en Alemaña con case o 30% dos votos e a extrema dereita da AfD logra unha histórica segunda posición con arredor do 20%, segundo as proxeccións da televisión pública ARD. Os socialdemócratas do ata agora chanceler, primeira forza en 2021, caen á terceira posición con apenas o 16% dos votos. O gran vencedor da noite e previsible novo chanceler, Friedrich Merz, asegura que abordará decontado conversas para lograr un acordo de goberno que pode pasar por unha gran coalición co SPD ao xeito dos anos de Merkel, aínda que desta volta tamén coa posible participación dos Verdes.
En marcha a manifestación de Queremos Galego en Santiago baixo o lema Lingua vital xa! Milleiros de persoas secundan a mobilización.
A saúde do Papa Francisco empeora. Sufriu unha crise respiratoria este sábado que obrigou a subministrarlle osíxeno e atópase en estado "crítico", segundo informa o Vaticano. Foto: CC BY-SA Juantenaphoto.