O 2 de marzo de 1856 tivo lugar o Banquete de Conxo, no que un grupo de estudantes (procedentes na súa maioría das clases acomodadas) serviron a comida a artesáns, compartindo pan e mesa cos integrantes da clase traballadora. Foi un encontro de confraternización organizado entre outros por Luís Rodríguez Seoane e no que participaron Aurelio Aguirre ou Eduardo Pondal. Os tres leron un discurso (un brinde) ao seu remate. Nos últimos anos Santiago vén acollendo no mes de maio a Festa do Banquete, que lembra aquela xuntanza na mesma carballeira.
