Cos pés na terra, Bibopalula e Clanes, premios especiais dos XXIII Premios Mestre Mateo. Os galardóns entregáronse durante a xuntanza de finalistas desta edición, que se celebrou no serán deste venres en Pontevedra. Bibopalula fíxose co Premio Deleite á promoción da lingua "por ofrecer a unha nova xeración de nenos e nenas a posibilidade de desfrutar dunha serie de animación feita na nosa lingua". Clanes gañou o Premio Martín Códax Rías Baixas, Fillo do Atlántico "pola autenticidade e espectacularidade coa que se retrata a riqueza paisaxística da comarca do Salnés". O Premio ABANCA ao impulso da sostibilidade foi para o programa Cos pés na terra.
