O guatemalteco Sergio Chumil (Burgos Burpellet) imponse na etapa raíña de O Gran Camiño entre A Pobra do Brollón e O Cebreiro. Nun axustadísimo sprint superou o canadiano Derek Gee (Israel-Premier Tech), que consolida o seu liderado. Este domingo remata a carreira cunha quinta etapa entre Betanzos e Santiago que contará cun interesante circuito final con varios treitos de sterrato, que podes ver debullados nesta exclusiva ducia. Imaxe: @SprintCycling
