O xeneral pontevedrés Antonio Budiño Carballo -na reserva dende 2018-, que encabezou a lista de VOX pola provincia nas eleccións xerais de 2019, figura entre os asinantes do manifesto da Plataforma 2025, que busca "reivindicar o legado de Francisco Franco", nunha conmemoración do 50 cabodano do ditador alternativa á impulsada polo Goberno central, crítica coa ditadura. O manifesto ultra, que destaca que Franco "salvou a España dunha revolución socialista armada dirixida polo PSOE" ou que "propiciou a verdadeira reconciliación entre os españois", está asinado por máis de 40 militares retirados.
