Concello de Lugo, formacións políticas, entidades sociais e veciñanza homenaxean a alcaldesa Paula Alvarellos no seu primeiro cabodano. Centos de persoas atenderon este domingo o acto na memoria da política e avogada falecida o 1 de marzo de 2025. Miguel Fernández, o seu sucesor na alcaldía -na imaxe, xunto ao viúvo de Alvarellos, Guillermo Carro-, subliñou o seu "compromiso, traballo, tenacidade, valentía e ilusión tanto na súa faceta política como persoal" nun acto que incluíu música e a lectura dun poema escrito por Pablo Permuy, concelleiro do PSdeG na cidade tamén falecido o pasado ano. [Imaxes: Concello de Lugo / Deputación de Lugo]