Corina Porro abandonará a primeira liña política á vez que deixa de ser deputada no Parlamento co inicio da nova lexislatura. Porro envía unha carta á militancia do PP de Vigo na que afirma que marcha "despois de 30 anos de servizo público". Conselleira de Servizos Sociais con Fraga, alcaldesa de Vigo, delegada da Xunta en Vigo, presidenta do Porto de Vigo e presidenta do Consello Económico e Social son algúns dos cargos de responsabilidade que ocupou na súa traxectoria, á que pón fin agora tras non formar parte da candidatura do PP ás pasadas eleccións galegas. [Imaxe de arquivo CC-BY-SA Xunta]
