Este domingo as plataformas Ulloa Viva e Contra a Mina Touro-O Pino organizan unha maratón entre Melide e Santiago co obxectivo "de amosar a repulsa e a oposición a ambos proxectos". Catorce corredores de montaña federados participarán nun percorrido que partirá ás 7:30 horas e, tras pasar por Arzúa (9.00), O Pino (10:30) e Monte do Gozo (12:30), chegará ás 13:30 horas á Praza do Obradoiro, onde se lerá un manifesto.
A iniciativa fará un chamamento a participar na manifestación convocada para o vindeiro domingo 14 en Compostela baixo o lema "Altri, non. Fóra xa". Imaxe: Plataforma Ulloa Viva