O Burela Pescados Rubén, elixido mellor club feminino do mundo, ao superar o Benfica na votación dos Annual Futsal Awards. A galega Vane Sotelo ocupa o cuarto lugar no rnking de mellores xogadoras´.

O Burela Pescados Rubén, elixido mellor club feminino do mundo, ao superar o Benfica na votación dos Annual Futsal Awards. A galega Vane Sotelo ocupa o cuarto lugar no rnking de mellores xogadoras´.
O Parlamento aproba os Orzamentos da Xunta para 2021, máis de 11.500 millóns acadados grazas á suba de fondos estatais, da UE e débeda. Esta tarde apróbase tamén a lei de acompañamento coa que se modifican outras 26 normas de todo tipo. Aquí podes consultar todo o que fomos analizando das dúas normas. [Imaxe: Parlamento de Galicia]
A Xunta inclúe Castela e León na obriga de control polo coronavirus de viaxeiros que cheguen a Galicia, da que segue fóra Asturias. Portugal mantén a obriga pero xa non Francia, nunha actualización da anterior listaxe, do 8 de xaneiro, que Sanidade volve realizar novamente máis tarde dos 15 días de prazo máximo que se deu a si mesma.
Falece o alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos. Pazos, de 63 anos, padecía cancro. Era rexedor da vila dende 2015 por Alternativa Canguesa de Esquerdas, mestre de profesión e tiña unha ampla traxectoria no ámbito teatral como dramaturgo, actor e director.
A Xunta implanta o nivel máximo de restricións pola COVID en toda Galicia un "mínimo" de tres semanas. Este nivel máximo implica o peche perimetral de todos os concellos e o veto ás reunións sociais entre persoas que non sexan conviventes, ademais do peche de toda a hostelería e outras restricións adicionais.
A Xunta certifica o peche do Centro Galego de Bruxelas, decidido pola entidade en 2019 por ter que afrontar obras imposibles de financiar. A Secretaría Xeral da Emigración iniciou o procedemento para a revogación da súa condición de comunidade galega.
Co 95% escrutado, Rebelo de Sousa revalida a presidencia de Portugal con preto do 63% dos votos, 11 puntos máis que en 2016 pero 7 menos que o récord de Mário Soares en 1991.
A Xunta reitera que baralla a posibilidade de estender a máis concellos o nivel máis alto de restricións pola COVID-19, que actualmente rexe en Arteixo, Viveiro e Xinzo e que implica o veto ás reunións entre non conviventes e o peche total da hostalería e outras actividades "non esenciais", entre outras medidas. Indicouno o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha entrevista na Radio Galega. As novas medidas serán abordadas polo comité clínico este luns e a continuación, Feijóo exporaas nunha comparecencia pública, contra as dúas da tarde. Na imaxe, Feijóo e Comesaña no transcurso dunha sesión do comité clínico, o pasado día 12.
Portugal celebra hoxe as eleccións presidenciais, marcadas pola incidencia disparada do coronavirus e co actual presidente, Marcelo Rebelo de Sousa, como gran favorito para a reelección.
A Xunta valora crear dunha empresa de capital maioritariamente privado, na que o Goberno galego tería presenza "relevante, pero minoritaria", para "impulsar" os denominados "proxectos tractores" que poidan optar a fondos europeos de recuperación. A posible creación desta sociedade foi tratada nunha xuntanza do "comité de expertos económicos" que, segundo divulgou este sábado a Xunta nun comunicado, se celebrou o venres coa presenza de Feijóo.