O Concello de Oleiros é condenado a retirar e absterse de repetir campañas como a que simulou un atropelo á conselleira de Infraestruturas para reclamar máis seguridade viaria. Un xulgado da Coruña di que están prohibidas as campañas que "manifestamente menoscaben, obstaculicen ou perturben as políticas públicas ou calquera actuación lexitimamente realizada por outro poder público no exercicio das súas competencias", e asegura que "o ánimo dos carteis non pode ser outro que menoscabar e ridiculizar o exercicio das competencias propias en materia de estradas da Xunta de Galicia".
