Os Verto revisitan a Muiñeira de Chantada nun tema con vocación de ser a canción do verán 2021. Tamén dispoñible en Spotify
- 📺VÍDEO | VINTE almorzando con Verto
Os Verto revisitan a Muiñeira de Chantada nun tema con vocación de ser a canción do verán 2021. Tamén dispoñible en Spotify
“A partir da próxima semana” comezarán as rebaixas de peaxes na AP-9, segundo avanza Pedro Sánchez. O presidente anunciouno na súa intervención na entrega das Medallas de Galicia e este luns a ministra de Transportes concretará os detalles nun acto na Delegación do Goberno de España na Coruña.
Otelo Saraiva de Carvalho, capitão de abril, morre aos 84 anos no Hospital Militar de Lisboa. Foi un dos impulsores da Revolução dos Cravos.
O BNG recibe delegacións nacionalistas e soberanistas na véspera do Día Nacional de Galicia, entre elas a de ERC encabezada por Oriol Junqueras xusto un mes despois de saír da cadea tras os indultos do Goberno de España aos líderes do procés catalán.
"O Samil é Portugal!". A canción do verán do portugués Quim Barreiros, man con man cos galegos Os Vacalouras, reivindica en ton festeiro que a popular praia viguesa realmente non é "de Ourense" nin "de Vigo" porque foi "conquistada legalmente pela gente do sul do Minho".
Feijóo inaugura o seu quinto mandato como presidente do PP en Galicia acusando o Goberno de España de "ocuparse só de avaliar canta tenreira comemos ou de falar de Franco, da matria ou de niñes" mentres "o país pensa na pandemia". Afirmouno na primeira reunión do comité de dirección do partido tras a súa elección no congreso da formación. O propio Feijóo, en calidade de presidente da Xunta, utilizou o termo "matria" antes de que o PP, nas últimas semanas, cargase contra a vicepresidenta Yolanda Díaz por empregalo.
Ás 13.00 horas galegas deste venres comezan en Toquio os Xogos da XXXII Olimpíada da era moderna. Aquí podes seguir en directo a cerimonia inaugural e toda a actualidade das competicións.
Alberto Lema, gañador do XXXIII premio de novela Manuel García Barros pola súa obra Pazo de inverno. O xurado destaca "a súa capacidade para recrear unha ficción coas fías das loitas de poder. As esferas do empresarial, o político e o periodístico gandúxanse para tecer unha crónica de contraluces hipnóticas". O premio será entregado en decembro na Estrada e a novela publicarase na Editorial Galaxia.
A Xunta autoriza que pubs e discotecas manteñan abertas as terrazas -con 50% de capacidade- ata a 1 da madrugada nos concellos en nivel máximo e alto de restricións pola COVID-19. Feijóo limitárase a anunciar que estes locais terían que pechar neses municipios. Tamén poden reabrir casinos e bingos. Así o indica na edición extraordinaria do DOG publicada no serán do xoves, que inclúe todas as mudanzas xa anunciadas polo Goberno galego agás as relativas á restrición do dereito de reunión, que só poderán entrar en vigor se o TSXG as ratifica.
Feijóo confirma que "mañá se abre" a autocita para a vacinación contra a COVID-19 para o grupo de 16 a 19 anos con 11.000 citas para os primeiros días de agosto. O presidente da Xunta admite que "onte mesmo" estivo aberta esta autocita durante unhas "horas" e foron cubertas 6.000 citas. Faino apenas vinte e catro horas despois de asegurar que "non hai" doses para a inmunización do grupo de idade máis mozo por unha escaseza que atribúe ao Goberno de España.