Xosé Manuel Soutullo, novo director xeral da Editorial Galaxia. O Consello de Administración nomea o actual director da Fundación Penzol como sucesor de Francisco Castro. Soutullo xa era conselleiro de Galaxia, onde "desenvolveu unha dilatada vida profesional no ámbito da edición e da produción cultural", segundo traslada a editorial nun comunicado.
