A investidura de Feijóo, para a que aínda non ten apoios, será os días 26 e 27 de setembro. As datas elixidas pola presidenta do Congreso permiten evitar unha repetición electoral no Nadal no caso de que a investidura de Feijóo fracase e el ou Pedro Sánchez non sexan quen de lograla nos dous meses seguintes. En caso de superarse ese prazo constitucional sen unha investidura, a repetición electoral sería o 14 de xaneiro.
