O Festival de Cans presenta o cartel da edición deste ano, a cargo de Rei Zentolo, e anuncia que dedicará o foco internacional ao cineasta Paulo Carneiro. Caneiro, un dos cineastas portugueses actuais con maior proxección internacional, foi seleccionado en 2024 na Quincena de Cineastas do Festival de Cannes co seu filme A Savana e a Montanha. O festival, que se celebrará do 19 ao 23 de maio nesta aldea do Porriño, vén de abrir ademais a venda de entradas para as súas proxeccións.