A directora xeral dos medios públicos galegos, Concha Pombo, anuncia que a CSAG presentará recurso contra a sentenza que condena a corporación por represaliar unha traballadora que participa en Defende A Galega. A responsable da antiga CRTVG di que con esta acción busca obter unha "interpretación unificada" de ditames semellantes e rexeitou valorar "casos particulares" tras ser cuestionada ao respecto por Mercedes Queixas (BNG) e Carmen Rodríguez Dacosta (PSdeG).