Persoal de Alu Ibérica corta o tráfico na saída da Coruña. Traballadores da antiga Alcoa prenderon barricadas na avenida Alfonso Molina que provocan importantes retencións. "Se non hai solución, Maroto dimisión", é unha das consignas que berran os concentrados.
Fálase
Asturias rexeita permitir a mobilidade con Galicia ao anunciar Feijóo que estuda levantar o estado de alarma. O Goberno do Principado sinala que a súa postura é a de que o estado de alarma “se manteña ata o final” e ven un "problema" a posición da Xunta.
O Congreso aproba o decreto do ingreso mínimo vital impulsado polo Goberno central sen votos en contra. Toda a Cámara votou a prol da convalidación agás Vox, que se abstivo. Pódese solicitar dende o vindeiro día 15. O pleno tamén aprobou que sexa tramitado como proxecto de lei por vía de urxencia, polo que se abre a posibilidade de que experimente mudanzas mediante emendas dos grupos (Imaxe: Congreso)
Por primeira vez dende o 10 de marzo non hai ningún paciente con coronavirus nas UCI dos hospitais galegos, segundo vén de comunicar o Sergas. A cifra chegou a acadar os 177 a comezos de abril. No resto de unidades hospitalarias hai dez persoas ingresadas coa enfermidade. Todos os datos, neste espazo
A Xunta sinala o 1 de xullo como data de "reactivación" do Camiño de Santiago. Ese día reabrirán os albergues públicos, a Catedral compostelá e a Oficina do Peregrino.
Persoal de Alcoa San Cibrao volve mobilizarse esta mañá contra os despedimentos anunciados pola compañía a poucas horas da mesa de traballo na que, esta tarde, o Ministerio de Industria abordará posibles solucións ao conflito coa participación da Xunta, representación da empresa e do cadro de persoal. (Imaxe: Praza Pública/Cedida)
A Fiscalía do Supremo investiga se Juan Carlos de Borbón, o rei emérito, branqueou cartos ou cometeu delitos fiscais co cobramento de comisións polas obras do tren de alta velocidade en Arabia Saudita
A Xunta prevé autorizar a reapertura de "discotecas e dos restantes establecementos de ocio nocturno" a partir "do vindeiro mes de xullo". No marco da fase 3 do desconfinamento pola pandemia, esta é unha decisión que depende do Goberno galego, que asegura que agardará para fixar a data exacta "a que se poida avaliar o resultado do levantamento doutras restricións, como o libre tránsito entre as catro provincias"
Alfredo Bea Gondar, ex-alcalde do Grove, condenado a pagar unha indemnización de 16.000 euros para compensar o secuestro do libro Fariña, que el promoveu no xulgado. En xullo de 2018, Bea Gondar xa fora condenado a pagar as custas procesuais tras desestimar a demanda polo libro.
12X | Marea Galeguista, a coalición de En Marea con Compromiso por Galicia e o PG, ratifica a Pancho Casal como o seu cabeza de lista pola Coruña nas eleccións galegas e aspirante á presidencia. Iván Rodríguez Lombardero liderará a lista por Lugo, Milagros Corral Surribas por Ourense e Peque González, por Pontevedra. Casal, que foi deputado de En Marea na lexislatura que remata, asegura que o "ecoloxismo e a sustentabilidade" serán os "eixos" da campaña da coalición.