A Xunta sinala o 1 de xullo como data de "reactivación" do Camiño de Santiago. Ese día reabrirán os albergues públicos, a Catedral compostelá e a Oficina do Peregrino.

A Xunta sinala o 1 de xullo como data de "reactivación" do Camiño de Santiago. Ese día reabrirán os albergues públicos, a Catedral compostelá e a Oficina do Peregrino.
Persoal de Alcoa San Cibrao volve mobilizarse esta mañá contra os despedimentos anunciados pola compañía a poucas horas da mesa de traballo na que, esta tarde, o Ministerio de Industria abordará posibles solucións ao conflito coa participación da Xunta, representación da empresa e do cadro de persoal. (Imaxe: Praza Pública/Cedida)
A Fiscalía do Supremo investiga se Juan Carlos de Borbón, o rei emérito, branqueou cartos ou cometeu delitos fiscais co cobramento de comisións polas obras do tren de alta velocidade en Arabia Saudita
A Xunta prevé autorizar a reapertura de "discotecas e dos restantes establecementos de ocio nocturno" a partir "do vindeiro mes de xullo". No marco da fase 3 do desconfinamento pola pandemia, esta é unha decisión que depende do Goberno galego, que asegura que agardará para fixar a data exacta "a que se poida avaliar o resultado do levantamento doutras restricións, como o libre tránsito entre as catro provincias"
Alfredo Bea Gondar, ex-alcalde do Grove, condenado a pagar unha indemnización de 16.000 euros para compensar o secuestro do libro Fariña, que el promoveu no xulgado. En xullo de 2018, Bea Gondar xa fora condenado a pagar as custas procesuais tras desestimar a demanda polo libro.
12X | Marea Galeguista, a coalición de En Marea con Compromiso por Galicia e o PG, ratifica a Pancho Casal como o seu cabeza de lista pola Coruña nas eleccións galegas e aspirante á presidencia. Iván Rodríguez Lombardero liderará a lista por Lugo, Milagros Corral Surribas por Ourense e Peque González, por Pontevedra. Casal, que foi deputado de En Marea na lexislatura que remata, asegura que o "ecoloxismo e a sustentabilidade" serán os "eixos" da campaña da coalición.
12X | Correos confirma que dende este luns é posible tramitar por internet a solicitude de voto por correo nas eleccións galegas. Para facelo cómpre dispoñer de sinatura electrónica e o prazo, como na solicitude presencial, está aberto ata o 2 de xullo.
12X | O DOG publica o cesamento de doce altos cargos da Xunta para que poidan ir nas listas do PP do 12X malia que o Goberno galego lles atribuíu funcións na loita contra o coronavirus. Os doce cesaran xa a comezos de marzo para concorrer ás eleccións de abril e Feijóo repúxoos en canto as desconvocou, só tres días despois de restar importancia ás súas vacantes. Como no cesamento anterior, Feijóo agradece a todos eles “os servizos prestados”.
Varias localidades galegas acolleron este domingo concentracións contra o racismo tras a morte do estadounidense George Floyd despois de ser detido violentamente pola policía en Mineápolis. En Galicia os obstáculos no acceso a servizos públicos dominan as denuncias por racismo.
Milleiros de persoas manifestáronse este sábado en Xove en demanda da continuidade de todos os postos de traballo na planta de Alcoa. Este domingo Viveiro acollerá outra marcha co obxectivo de "loitar pola industria e salvar A Mariña". Imaxe: @ovidio_gonzalez