O DOG publica as leis galegas contra a violencia vicaria e a discriminación de científicas que sexan nais, que entran en vigor este xoves e, no caso das novas convocatorias da segunda norma, dentro de tres meses.

O DOG publica as leis galegas contra a violencia vicaria e a discriminación de científicas que sexan nais, que entran en vigor este xoves e, no caso das novas convocatorias da segunda norma, dentro de tres meses.
Os descontos da AP-9 estarán en vigor dende mañá, 29 de xullo. O BOE publica este mércores o Real Decreto que os regula, tras a súa aprobación no Consello de Ministros do martes. Estas rebaixas nas peaxes da Autoestrada do Atlántico foron parte do pacto do BNG co PSOE para a investidura de Pedro Sánchez.
O Consello de Ministros nomea á galega Isabel Pardo de Vera nova número 2 do Ministerio de Transportes. Pardo de Vera era desde hai tres anos presidenta de Adif e agora será secretaria de Estado da nova ministra, Raquel Sánchez.
O Consello de Ministros aproba a rebaixa de peaxes na AP-9 que este luns concretou na Coruña a ministra de Transportes. Agora ten que ser publicada no BOE e entrará en vigor ao día seguinte, previsiblemente de cara á fin de semana.
O autor do recurso contra o cambio de nome da antiga avenida Xoán Carlos I de Pontevedra polo de Virxinia Pereira desiste do proceso. Os servizos xurídicos municipais constatan que, deste xeito, a mudanza que xa é efectiva dende o pasado abril vira definitiva. "Pontevedra ten a honra de ser a primeira cidade de quitar o Borbón do rueiro para poñer o nome dunha muller emblemática como Virxinia Pereira", destaca o goberno local pontevedrés tras constatar a fin do proceso.
Os Verto revisitan a Muiñeira de Chantada nun tema con vocación de ser a canción do verán 2021. Tamén dispoñible en Spotify
“A partir da próxima semana” comezarán as rebaixas de peaxes na AP-9, segundo avanza Pedro Sánchez. O presidente anunciouno na súa intervención na entrega das Medallas de Galicia e este luns a ministra de Transportes concretará os detalles nun acto na Delegación do Goberno de España na Coruña.
Otelo Saraiva de Carvalho, capitão de abril, morre aos 84 anos no Hospital Militar de Lisboa. Foi un dos impulsores da Revolução dos Cravos.
O BNG recibe delegacións nacionalistas e soberanistas na véspera do Día Nacional de Galicia, entre elas a de ERC encabezada por Oriol Junqueras xusto un mes despois de saír da cadea tras os indultos do Goberno de España aos líderes do procés catalán.
"O Samil é Portugal!". A canción do verán do portugués Quim Barreiros, man con man cos galegos Os Vacalouras, reivindica en ton festeiro que a popular praia viguesa realmente non é "de Ourense" nin "de Vigo" porque foi "conquistada legalmente pela gente do sul do Minho".