A Man de Irulegi, do século I, revélase como o testemuño escrito máis antigo en lingua vascónica. A información este "excepcional achado", no sitio web da navarra Sociedade de Ciencias Aranzadi, que o presentou este luns. [Imaxe: SC Aranzadi]
Fálase
O PP propicia unha votación por vía de urxencia no Parlamento de Galicia contra a reforma do delito de sedición que impulsan o PSOE e Unidas Podemos no Congreso. Os populares, que prevén iniciativas semellantes nos concellos, xustifican a iniciativa afirmando que "esta decisión non é digna no contexto da España democrática que vivimos", afirmou este luns o seu vicevoceiro parlamentario, Alberto Pazos.
- HEMEROTECA | O PP reorienta a pregunta no Parlamento sobre a “república independente en Galicia” a unha declaración “urxente” de apoio á Constitución
- HEMEROTECA | Pontón reúnese con Aragonès e propón unha "cooperación intelixente" entre Galicia e Catalunya fronte á "confrontación"
- HEMEROTECA | PSdeG e PSC defenden o federalismo nunha "España plural"
Decenas de miles de persoas maniféstanse en Madrid en defensa da sanidade pública e contra a xestión do Goberno autonómico presidido por Isabel Ayuso. A Delegación do Goberno cifra en 200.000 (os organizadores en 670.000) o número de participantes na protesta que, organizada en catro columnas, confluíu na praza de Cibeles.
A Delegación do Goberno en Galicia concede os premios Meninas aos equipos Viogen da Garda Civil, á Marcha Mundial das Mulleres, ao Burela Fútbol Sala, á Asociación de Profesionais dos Centros de Información á Muller ASOCIM e ao Comando Igualdade do IES Alexandre Bóveda de Vigo. O recoñecemento, que chega á súa quinta edición e se entregará o vindeiro 21 de novembro con motivo do 25N (día da eliminación da violencia contra a muller), inclúe tamén unha mención honorífica á xornalista ourensá Cristina Huete
O portugués João Pedro Rodrigues recibe este sábado o Premio Cineuropa. O cineasta lisboeta será homenaxeado no Salón Teatro nunha sesión na que tamén presentará Fogo-Fátuo, o seu último filme, que foi estreado na Quincena de realizadores de Cannes
Pedro Sánchez activa a prometida reforma do delito de sedición, que pasará a denominarse de "desordes públicos agravados". PSOE e Unidas Podemos presentan estes venres os detalles da modificación, avanzada polo presidente do Goberno de España nunha entrevista con laSexta que recolle infoLibre. Nesta ligazón, o texto completo da reforma, segundo a cal o novo tipo penal implicará condenas de prisión de 3 a 5 anos e ata 8 de inhabilitación. A sedición supuña ata 15 anos de cadea.
O Consello da Xunta encarga por 33,8 millóns as obras da primeira fase da ampliación da súa sede central de San Caetano, cuxa remodelación completa superará os cen millóns de euros.
Unha testemuña clave de Adif di que o risco de despiste do maquinista de Angrois debía avalialo Renfe: “Que cada pau aguante a súa vela”. O máximo responsable de enxeñaría da empresa pública xestora das liñas exculpa o seu compañeiro responsable da seguridade acusado polo accidente ao mesmo nivel que o condutor.
A Unidade de Delitos Económicos da Policía investiga o director de El Correo Gallego por presunto branqueo de fondos que recibía de entidades públicas como a Xunta, segundo informa este xoves en exclusiva elDiario.es. As pescudas están dirixidas polo xulgado de instrución número 1 de Santiago. O xornal compostelán está actualmente en proceso de ser vendido por orde xudicial tras a quebra da empresa editora.
O Parlamento encárgalle un informe sobre a situación da Pediatría na Atención Primaria ao Sergas. Unha petición que forma parte dunha iniciativa defendida polo BNG no pleno da Cámara e que contou co apoio do PP e do PSdeG. No documento que terán que remitir desde Sanidade, nun prazo máximo de tres meses, deberá figurar o número de pediatras que traballan agora no sistema e a súa distribución nos centros de saúde do país, a súa situación laboral e o número de nenos e nenas que atende cada profesional. [Na imaxe CC-BY-SA BNG a deputada Montse Prado]