O Parlamento encárgalle un informe sobre a situación da Pediatría na Atención Primaria ao Sergas. Unha petición que forma parte dunha iniciativa defendida polo BNG no pleno da Cámara e que contou co apoio do PP e do PSdeG. No documento que terán que remitir desde Sanidade, nun prazo máximo de tres meses, deberá figurar o número de pediatras que traballan agora no sistema e a súa distribución nos centros de saúde do país, a súa situación laboral e o número de nenos e nenas que atende cada profesional. [Na imaxe CC-BY-SA BNG a deputada Montse Prado]
