Un xuíz de Barcelona cita como investigado a Pablo Casado por afirmar durante un acto con Feijóo en Abegondo en 2021 [na imaxe] que en Catalunya hai "profesores con instrucións" de impedir que o alumnado vaia ao lavabo se non fala catalán. O ex-líder do PP, denunciado pola Generalitat, terá que declarar o 30 de xaneiro e pode facelo dende a sede do partido se o desexa.
