Falece o operario ferido no incendio da antiga fábrica de Pontesa en Ponte Sampaio, nunha nave que segundo o Concello de Pontevedra carece de licenza. Trátase de Benito González, concelleiro do PSdeG en Marín. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, trasladou xa as súas condolencias á familia do finado, "un gran compañeiro e unha gran persoa". Tamén o lembrou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no inicio da sesión de control no Parlamento, entre aplausos dos tres grupos en homenaxe ao traballador falecido.
