Pedro Sánchez activa a prometida reforma do delito de sedición, que pasará a denominarse de "desordes públicos agravados". PSOE e Unidas Podemos presentan estes venres os detalles da modificación, avanzada polo presidente do Goberno de España nunha entrevista con laSexta que recolle infoLibre. Nesta ligazón, o texto completo da reforma, segundo a cal o novo tipo penal implicará condenas de prisión de 3 a 5 anos e ata 8 de inhabilitación. A sedición supuña ata 15 anos de cadea.
