Máis de 140 vítimas nun tiroteo nunha sala de concertos próxima a Moscova nun atentado reivindicado polo Estado Islámico. Varios individuos armados accederon este vernes ao Crocus City Hall [na imaxe ©Google], un local de concertos anexo a un centro comercial na cidade de Krasnogorsk, disparando a todos os presentes. Rusia investígao como terrorismo e anuncia que xa está a realizar detencións.
