Baiuca reivindica a conexión Galicia - Portugal desde a electrónica co tema "Alentejo", segundo adianto do seu segundo álbum. Nesta ocasión, o artista e produtor de Catoira recolle unha gravación do canal MPAGDP na que a pequena Inês Gonçalves interpreta a canción tradicional portuguesa "Nasce o sol no Alentejo". A canción xa se pode escoitar nas plataformas dixitais e nos directos de Baiuca. [Fotografía ©Raso Estudio]
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/dscf0176-edit-2-en-tamano-grande-528d74a.jpeg)