Representantes do Comité Intercentros da CRTVG presentarán as súas demandas para os medios públicos galegos e as denuncias de manipulación no ente público na sede do Parlamento Europeo en Bruxelas. A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, logrou este martes que a súa petición fose incluída na orde do día da Comisión de Peticións do mes de abril. "Virán aquí para denunciar a manipulación da TVG, para pedir medios públicos galegos de calidade, ecuánimes, e sobre todo para defender as súas condicións laborais", sinala Miranda, quen lembra que hai máis de medio ano que esta petición foi admitida a trámite mais estivo "bloqueada" por "continuas manobras do PP, Vox e Ciudadanos".
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/ana-miranda-1-en-tamano-grande-3672d9c.jpeg)