O BOE fai oficial o índice de prezos de alugueiro de vivenda, que permite aplicar límites aos prezos do arrendamento en "zonas tensionadas" se as comunidades autónomas así o dispoñen. Polo momento, só Catalunya tramitou esa solicitude, mentres que a Xunta se nega a aplicala "de oficio" e responsabiliza os concellos de xustificar esas peticións para valorar se as tramita ou non. A Coruña e Santiago xa avanzaron que o pedirán, pero a decisión final depende do Goberno galego
- O Estado publica o índice de prezos de alugueiro de vivenda, aplicable en 'zonas tensionadas' se a Xunta o decidise
- Rueda rexeita "aplicar de oficio" a lei para limitar os alugueiros e responsabiliza os concellos
- As peticións de vivenda protexida á Xunta caen en 1.500 nun mes sen un só piso novo por caducidade das solicitudes