Rueda adía a "algún tipo de consenso" futuro a renovación do director da CRTVG. O presidente di que Alfonso Sánchez Izquierdo, de 75 anos e con 15 no cargo, non lle trasladou nada sobre o seu futuro e sobre a súa posible remuda engade que sería "respectando a proporcionalidade do resultado electoral". Sánchez Izquierdo pode permanecer indefinidamente no posto grazas a unha reforma legal inserida polo PP en solitario en 2015.
