Besteiro, único candidato á secretaría xeral do PSdeG. Ás 15h deste xoves pechou o prazo de precandidaturas sen que se rexistrase ningunha máis. Dende mañá e ata o día 22, o actual deputado por Lugo terá que xuntar avais dun mínimo do 6% da militancia do partido con dereito a voto -son en torno a 10.000- para ser proclamado novo líder cara ao Congreso Nacional do 27 de abril, do que sairá escollida a nova Executiva. Ao ser o único candidato, non se celebrará a votación en primarias que estaba prevista para o día 7 do mesmo mes.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/53587424543-014d8c0b8f-b-d752937.jpeg)