A CIG entrega ás traballadoras da limpeza de Lugo o seu Premio 8 de Marzo pola súa "exemplar loita" na que "foron capaces de soster unha folga durante 130 días" fronte a unha patronal estatal "moi belixerante e intransixente", lembra a secretaría das Mulleres do sindicato, que as sinala como "exemplo de resistencia e dignidade para toda a clase obreira". A folga finalizou o pasado febreiro tras lograren melloras como incremento salarial total do 18,3% ata 2026. [Imaxe: CIG]
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/2024-03-14-premio-8demarzo0001-09a863b3-a9c2d09.jpeg)