O primeiro director xeral de Conservación da Natureza do Goberno de Feijóo, Ricardo García-Borregón, exerce como asesor da celulosa portuguesa Navigator, que busca solo en Galicia para a produción de eucalipto. Revélao este domingo Faro de Vigo. García-Borregón fala nesa condición para Produtores Florestais, revista da empresa, que tamén destaca o seu currículo como integrante de "muitas associações do setor e agências governamentais" e que actualmente é, asemade, vogal da Fundación para a Promoción e Desenvolvemento Rural (Fundesar). García-Borregón foi tamén voceiro do PP no Concello de Santiago. Na imaxe [CC BY-SA Xunta], García-Borregón comparecendo no Parlamento como director xeral, cargo que ocupou ata 2013.
- En Faro de Vigo: A 'Ence portuguesa' busca solo en Galicia para máis eucalipto: xa ten 1.500 hectáreas
- HEMEROTECA (2019) | A papeleira portuguesa Navigator arrenda terras en Galicia para cultivar eucalipto
- HEMEROTECA (2017) | O presidente portugués dá luz verde á reforma forestal que impulsa a Navigator a expandirse en Galicia
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/5755a415de3e0-13051620comision72002x-94c357d.jpeg)